Manuel Vieites, coordinador da colección, estará acompañado por Miguel Martin, director de AGADIC e por Vítor Freixanes. O último título da colección Biblioteca de Teatro da Editorial Galaxia, Literatura dramática. Unha introdución histórica, preséntase en Santiago. A obra ofrece un percorrido polo que foron as etapas máis importantes na historia da creación dramática e presta especial atención á tradición occidental.
Participan no acto Víctor Freixanes en representación da editora, Miguel Martín, director da AGADIC, e Manuel F. Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e coordinador da colección.