Presentación de "A vida nova de madame Bovary"
Feira do libro de Cangas
21:00

Xosé Carlos Caneiro estará na feira do libro de Cangas, acompañado polo guitarrista Xosé Manuel Salgado.
A última novela de Xosé Carlos Caneiro é unha obra de personaxes múltiples centrada en Hermelinda, que reformula a súa vida de xeito particular. Enganada polo seu marido, abandona a vida familiar pretérita para se refuxiar nunha peculiar casa de hóspedes chamada O Gatopardo. Lugar de encontro de perdedores, ilusos e namorados, de alí vai abrollar o intenso aluvión de historias que asolaga a novela.
Imprimir