O escritor de Noia falará sobre poesía e periferia nas xornadas da Galería Sargadelos da Coruña.
A intervención de Martín Veiga procurará situar os eixes principais do seu discurso poético en relación cun mundo referencial multiplicado. A través da lectura dalgúns textos escritos en épocas diversas, tentará alicerzar, ilustrar ou iluminar os argumentos da exposición.
O ciclo A-fóra(s) naceu coa idea de falar da relación centro/periferia a través dos desprazamentos dende un lugar natal (Galicia) a outro en principio alleo. Para reflexionar sobre esta cuestión, contará os martes até o 12 de agosto con catro convidados que acheguen a súa experiencia: Raida Rodríguez (Barcelona), Martín Veiga (Cork), Samuel Solleiro (Antillas) e Xavier Queipo (Bruxelas).