Axenda



Raida Rodríguez no ciclo A-fóra(s)

Galería Sargadelos. Rúa Real 56, A Coruña
20:00
  • XUL 22
A-fóra(s) A poeta ourensá fará unha intervención titulada "Poesía sen poemas. Ningún lugar nos é común, ningunha posibilidade nos é allea".

Comeza o ciclo A-FORA (S), organizado en Sargadelos A Coruña, coa intervención de Raida Rodríguez Mosquera (Ourense, 1980) gañadora do primeiro premio no XIX Certame Rosalía de Castro (2005). A poeta participou en diversos recitais en Barcelona, onde vive actualmente. Aínda sen libro publicado, os seus textos pódense ler no blog puntodefuga.


Estará acompañada por Eva Méndez do Roxo e Carles-Lluís Pallarès nestas xornadas que partiron da idea de falar da relación centro/periferia a través dos desprazamentos dende un lugar natal (Galicia) a outro en principio alleo e que continuarán os martes até o mes de agosto.


Imprimir

Documentos:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |