O Concello e a RAG outórganlle este recoñecemento a quen foi presidente da institución.
A Real Academia Galega e o Concello de Ferrol organizan o nomeamento de Xosé Fontenla Leal como Fillo Predilecto in memoriam da cidade. Asistirán o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro e o académico Xosé Luís Axeitos, canda o alcalde da cidade, Vicente Irisarri e a concelleira de Cultura, Iolanda Díaz.
Fontenla Leal, ferrolán emigrante en Cuba, onde finou en 1912, foi impulsor do himno galego e tamén da Academia xunto con Murguía e Curros.