Axenda



Presentación de "Raiolas no faiado" de Francisco Rozados

Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
20:00
  • XUL 17
Acompaña ao autor Ánxela Gracián, directora da colección Medusa Narrativa de Sotelo Blanco na que está editado o libro.
Raiolas no faiado contén unha serie de relatos habitados por personaxes de toda laia e con varios puntos en común. Todos eles transcorren na engaiolante terra de Trasdomonte. O narrador é un neno de escola que conta como pasa a vida ao seu carón e dá a coñecer aos seus protagonistas, desde o mestre ata o cura que salva á xente durante a Guerra Civil Española.

Francisco Rozados emprega unha narración herdeira do imaxinario popular e da tradición oral, que lembra á escrita dalgún clásico da nosa literatura como Ánxel Fole, Rafael Dieste ou Álvaro Cunqueiro.

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |