
Organizado pola Fundación Rosalía de Castro, participan os académicos Xesús Alonso Montero e Xosé Luis Axeitos, que presentarán dous libros.
A Casa da Matanza acolle hoxe un acto cultural para conmemorar o 123 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro. Os actos comezarán coa lectura dun poema de Rosalía na voz da vicepresidenta da
Fundación, Ana Blanco, e unha benvida da presidenta, Helena Villar, que lle agradecerá ás institucións benefactoras os seus apoios, e dará conta das actividades realizadas e dos proxectos que quedan para este ano.
Os académicos Xesús Alonso Montero e Xosé Luís Axeitos presentarán dous libros cos que agasallarán os participantes. Así mesmo, entregarase o III Premio Rosalía de Castro para Experiencias Escolares.