Os libros de Camilo Nogueira, Pilar García Negro, Xabier Paz e un recital sobre Curros, no programa do segundo día de Festigal.
Programa do segundo día de actividade, venres 25 de xullo:
16:30: Presentación do libro Galiza na Unión. A porta atlántica de Camilo Nogueira na editorial Galaxia. Co escrito Suso de Toro e Camilo Nogueira.
17:15: Presentación da edición en galego d'O segundo sexo de Simone de Beauvoir en Edicións Xerais.
Falarán:
· Carmen Adán, Secretaria xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia
· Manuel Bragado, editor
· África López, responsábel da revisión
· Marga Marcuño, tradutora
18:00: "Crebar as Liras", recital de poesía en homenaxe a Curros Enríquez:
· Marta Dacosta
· Paco Souto
· Rafa Villar
18:45: Presentación do libro Renacer de Xabier Paz con Manuel Bragado, director de Edicións Xerais e mais o autor.
19:30: Presentación do Decálogo que a língua galega precisa da Fundación Bautista Álvarez.
Falarán:
· Bautista Álvarez, presidente da Fundación
· Pilar García Negro, autora
· Xoán Carlos Garrido, autor
20:15: Presentación do libro Os piratas da Illa da Esperanza na editorial Xerais .
Falarán:
· X. H. Rivadulla Corcón, autor
· Manuel Bragado, editor
· Isidro Novo, escritor
· Susana Rois, xornalista da Radio Galega
21:00: Presentación do libro Os efectos do afundimento do Prestige na editorial A Nosa Terra.
Falarán:
· Mª do Carme García Negro, directora
· Adolfo Carballo Penela
· Carlos Sebastián Villasante
Os dous días haberá sinatura de libros no remate das presentacións. Asistirán as narradoras Rosa Aneiros e Teresa Moure.