Axenda



Presentación de "Estúrdiga materia" de Luis González Tosar

Centro Social Caixanova, Vigo
20:00
  • XUL 16
Acompañan ao autor Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Quintana Martelo, Víctor Freixanes e Guillermo Brea, director da Obra Social de Caixanova.
A obra, editada por Galaxia, conta coas ilustracións realizadas polo pintor Manuel Quintana Martelo.

No limiar, Méndez Ferrín, define Estúrdiga materia como "unha lección maxistral que ha perdurar alén da nosa morte".

Escribe: "mais ca nunca na miña vida, estou a producir un texto discursivo no que experimento o certo da velleza. De por parte, escríboo na Underwood que mercara meu pai en 1919 e na que el lle facía as crónicas de Vilanova dos Infantes á Zarpa de Blanco Torres e don Basilio. E todo canxa ben porque o Tempo nos leva coma o río de Díaz Castro, todo en lapas... Diciamos plenitude, sabedoría, cume: este libro de Luís González Tosar arrastra por popa toda a literatura galega e parte da feita noutras linguas que o autor frecuenta".

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |