Obradoiros, proxeccións de películas, exposicións e conferencias dos autores convidados configuran o programa completo da duodécima edición do
Salón do Cómic de Cangas, de entrada libre e gratuíta.
Encarganse dos talleres de banda deseñada e caricatura os debuxantes Jvlivs e Luis Davila, que se desenvolven polas mañás a partir do día 22.
O turno de intervencións ábreo
Tirso Cons cun encontro co público na tarde do día 25 de xullo. O 26 son
Manel Fontdevila e
Al Barrionuevo os que dan as súas charlas. Canda ás mostras destes autores, está dispoñíbel a exposición
10 anos de BD galega, coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (
AGPI), e nos bares da vila poden verse orixinais da colección de ilustracións que se foi recompilando dende o primeiro Salón.
Este ano, ademais da habitual publicación,
O Tebeo, coas obras premiadas no certame que se convoca en paralelo a este evento, a organización anunciou que publica
Jalisia Kaníbal, unha escolma do traballo do humorista gráfico Luís Davila.
Proxéctanse os filmes
El Motorista Fantasma (Mark Steven Johnson, 2007),
Los 4 fantasticos 2 (Tim Story, 2007),
Transformers (Michael Bay, 2007) e
Beowulf (Robert Zemeckis, 2007).
Fóra de cartel achegaranse ademais destacados debuxantes como
Kenny Ruiz, autor do cartel desta edición para o que se inspirou na garita do monte do Facho, símbolo do Salón.
O evento convértese así nunha cita de referencia da banda deseñada en Galicia, a par da convocatoria coruñesa
Viñetas desde o Atlántico.