Axenda



"Na frente unha estrela" aterra en Vigo

Auditorio Municipal de Vigo
  • XUL 08
O recital poético-musical de homenaxe a Curros inclúe poemas e cantigas baseadas nos seus textos.
O guión do espectáculo é de Antón de Santiago, o actual responsable da cátedra de canto do Conservatorio Superior de Galicia, considerado o mellor intérprete da cantiga lírica galega, que intervén tamén nesta peza como barítono e recitador.

Completan o reparto da execución da obra a mezzosoprano María José Ladra e o grupo instrumental Citola, con Ángel Lozano ao violín, Rosalía Vázque ao violonchelo e Ramón Carnota á guitarra.

O repertorio inclúe a composición do bardo celanovés popularizada como "Unha noite na eira do trigo".

Esta é unha actividade promovida pola Consellaría de Cultura, en colaboración cos concellos que a acollen, para conmemorar o centenario do pasamento de Manuel Curros Enríquez.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |