"O profesor de vegliota" e "Cuba, os galegos e o Ché" son os títulos das obras, publicadas, respectivamente, por Xerais e Bauprés Ediciones. O título de Manuel Veiga, O profesor de vegliota, lembra a unha das obras pioneiras da banda deseñada galega, O home que falaba vegliota, de Reimundo Patiño. Narra a vida dun profesor perseguido por cuestións lingüísticas, un relato con trazas policiais, con ingredientes de novela de misterio e unha atmosfera de ciencia ficción.
Pola súa banda, Lois Pérez Leira achega en Cuba, os galegos e o Ché interesantes datos sobre os amigos e colaboradores galegos do guerrilleiro arxentino-cubano.
No penúltimo día da Feira do Libro haberá ademais un especial contacontos organizado por Intermón-Oxfam.
Día 5. Sábado.
12.30 Contacontos organizado por Intermón-Oxfam. Alba Prado e Olaia Moreira contará nos contos Uhhh, Arggg e El príncipe no duerme.
19.30 Presentación do libro de Lois Pérez Leira, Cuba, os galegos e o Ché, editado por Bauprés Ediciones.
19.30 O escritor Juan Gómez Jurado asinará exemplares do seu libro Contrato con Dios, publicado por Ediciones El Andén.
20.30 O escritor Manuel Veiga fará a presentación do seu libro O profesor de vegliota, publicado por Edicións Xerais de Galicia.