Axenda



Fernández Paz, Francisco Castro e Riveiro Coello na Feira do Libro de Vigo

Praza de Compostela, Vigo
20:00
  • XUÑ 02
  • XUL 02
Asinarán exemplares dos seus respectivos libros "O único que queda é o amor", "As palabras da néboa" e "As rulas de Bakunin".
Tamén o teatro infantil ten cabida nesta xornada da feira, a cargo da compañía A Loca Motora, que no seu último espectáculo, Carlota e Marineta van en avioneta, emprenden unha viaxe por África chea de fantasía. Esta peza, de 55 minutos, inclúe dous contos, traballados con técnicas de expresión corporal, musicalidade, máscara e clown.

Dia 2. Mércores

18.30 Actividades para nenos. Teatro infantil. A compañía A Loca Motora representará a súa obra Carlota e Marieta van en avioneta, coa actuación estelar de Eva Vila e Zezilia Meléndrez .

19.30 O escritor Antón Riveiro Coello asinará exemplares do seu libro As rulas de Bakunin, publicado por Editorial Galaxia.

20.00 O escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares do seu libro O único que queda é o amor, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

20.30 O escritor Francisco Castro asinará exemplares do seu libro As palabras da néboa, publicado pola Editorial Galaxia.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |