Axenda



Presentación de "Xaime Quessada. Artista da xenialidade"

Praza de Compostela, Vigo
19:30
  • XUL 01
Acto do día na Feira do Libro de Vigo, no que intervén o autor, Xosé Manuel del Caño. Así mesmo, Marcos S. Calveiro presenta a súa novela "Festina Lente".
Xaime Quessada. Artista da xenialidade está editado por Nova Galicia Edicións na colección de Memorias Faladas. O volume configúrase a partir das entrevistas e conversas mantidas por Xosé Manuel del Caño co artista recentemente falecido. Na presentación participarán, ademais do autor, o prologuista, Xesús Alonso Montero, e o editor, Carlos del Pulgar.

Nesta xornada será protagonista tamén da Feira do Libro de Vigo, Marcos S. Calveiro, que presenta o seu libro Festina Lente.

Día 1. Martes.

18.30 Actividades para nenos. Universo de contos. Divertido contacontos realizado por Sherezade.

19.00 O escritor Isaac Otero, asinará exemplares do seu libro Armonía violeta.

19.30 Presentación do libro Memorias faladas. Xaime Quessada, artista da xenialidade, de Xosé Manuel del Caño, publñicado por Nova Galicia Edicións. Xunto co autor, participará no acto o profesor Xesús Alonso Montero (autor do prólogo) e Carlos del Pulgar, editor.

20.30 O escritor Marcos S. Calveiro presentará o seu libro Festina lente, publicado por Edicións Xerais de Galicia.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |