Axenda



Manuel Rivas asina exemplares de "Os grouchos"

Praza de Compostela, Vigo
19:00
  • XUÑ 30
A programación da Feira do Libro de Vigo inclúe tamén a presentación da obra "Unha chea de familias", de Xosé Antonio Neira Cruz.
Manuel Rivas recompila n'Os Grouchos unha escolma de artigos xornalísticos publicados no suplemento Luzes do xornal El País. A obra, editada por Xerais e presentada hai unha semana na libraría Ler de Santa Comba, saíu do prelo coincidindo coa Feira do Libro viguesa.

O volume Unha chea de familias, ilustrado por Rodrigo Chao e editado por Galaxia, traza na linguaxe dos nenos a diversidade dos tipos de familias na sociedade actual.

O programa completo da Feira do Libro para comezar a semana é o seguinte:

18.00 Actividades para nenos. Contacontos a cargo de Pavís Pavós.
19.00 O escritor Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro Os Grouchos, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 O escritor Xosé Antonio Neira Cruz, presentará o seu libro Unha chea de familias, publicado pola Editorial Galaxia.
20.30 A vida nova de Madame Bovary. Recital narrativo-musical do escritor Xosé Carlos Caneiro, acompañado polo guitarrista Xosé Manuel Salgado.

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |