Axenda



II premio Diario Cultural de teatro radiofónico

Radio Galega, Santiago de Compostela
14:00
  • XAN 04
Premio Diario Cultural O Diario Cultural da RG e o CDG organizan esta segunda edición que quere fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio.
As obras seleccionadas polo xurado emitiranse na Radio Galega e serán editadas nun libro-cd. Neste certame, que contan con financiamento da Consellería de Cultura e Deporta, outorgaranse dous premios: o Premio do Xurado e o Premio da Audiencia, dotados cada un deles con 3.000 euros.

Poderán participar todos os escritores e escritoras que o desexen, sempre que non teñan relación laboral coa CRTVG. Os traballos deben ser orixinais e inéditos, escritos en galego e non seren adaptacións. Terán formato de guión radiofónico dramático e estarán calculados para que a súa duración en antena estea entre 15 e 20 minutos. As obras terán un reparto de cinco personaxes como máximo. Non se admitirán máis de dous guións por autor e de cada obra presentaranse orixinal e catro copias. As persoas participantes concursarán polo sistema de plica.

Concederase un premio único dotado con 3.000 euros e catro finalistas como máximo. As obras seleccionadas emitiranse pola Radio Galega e a audiencia escollerá por votación entre as emitidas a obra que obterá o Premio do Público, dotado con 3.000 euros.

Os traballos enviaranse a:
II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
Radio Galega, Diario Cultural
San Marcos
15820 Santiago de Compostela

Imprimir

Documentos:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |