Axenda



II Festa da Narración Oral de Galiza

Centro Sociocultural de Arca, O Pino
09:00
  • XUL 05
Paula Carballeira, Quico Cadaval e Carlos Santiago son algúns dos convidados que contribuirán a facer da celebración unha verdadeira exaltación da oralidade.
O evento, organizado polo o colectivo Tatalo e a asociación Nova Escola Galega, comeza ás nove da mañá coa II Xornada sobre a Oralidade para Educadores/as, que se desenvolverá ao longo de toda a mañá. A festa continúa pola tarde, con contacontos a cargo de Paula Carballeira, Cándido Pazó e Quico Cadaval e máis a actuación musical de Espido, composto por Guadi Galego e Guille Fernández. O conxunto destas actividades vespertinas agrúpase baixo o epígrafe "Sucedidos no Camiño e outras historias".

Ás 22.30 horas os contos e as historias trasladaranse aos bares e pubs do concello, animados por Eva Varela, Carlos Santiago, Celso Sanmartín e Róber Bodegas. Desde a organización animan a todos e a todas a participar contando as súas propias historias nun enclave, O Pino, onde conflúen dúas tradicións: o Camiño de Santiago e a narración oral.


Imprimir

Documentos:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |