Axenda



III Premio de narrativa breve Repsol YPF

Complexo Industrial Repsol YPF, A Coruña
  • XUL 21
Establécese un único premio, este ano de 9.000 euros, que nas edicións anteriores obtiveron Miguel Sande con "Se algún día esta muller morta" e Anxos Sumai con "Así nacen as baleas".
A este premio poden concorrer todos os autores e autoras que o desexen (agás o premiado na edición anterior), con obras orixinais e inéditas en lingua galega, segundo a normativa oficial. A extensión do texto non deberá ser inferior a 50 folios nin superior a 120, mecanografados a dobre espazo. É preciso presentar oito copias encadernadas de cada orixinal, nas que figure o título da obra e o seu lema. Entregarase ademais un sobre pechado co lema no exterior e, no interior, o nome, o enderezo e o teléfono do autor ou autora. O prazo de admisión de obras remata o 21 de xullo. Estas deben remitirse ao seguinte enderezo: Complexo Industrial Repsol YPF, Apartado 700, 15080 A Coruña.

A contía do premio inclúe os dereitos de autor pola primeira edición do texto gañador. Esta será realizada pola Editorial Galaxia, a quen lle corresponderán os dereitos de edición en galego. En calquera caso, o xurado pode declarar deserto o premio se considera que as obras presentadas non reúnen a calidade suficiente. A súa decisión será inapelábel e farase pública no mes de setembro. Este ano estará integrado por Anxos Sumai, Mercedes Queixas Zas, Xosé Luís Axeitos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Francisco Pillado, Carlos Lema e Anxo Tarrío.

A convocatoria é de Repsol YPF (A Coruña), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |