XXXII certame de poesía sobre o Nadal
Centro Cultural de Begonte
14:00

O Concello de Begonte convoca unha nova edición deste certame veterán.
Todos os traballos deben versar sobre o Nadal, mais valoraranse especialmente aqueles que se refiran a Begonte e o seu famoso Belén. O prazo de admisión de poemas remata o 6 de xaneiro de 2008.
Hai total liberdade de construción e verso. O traballo vencedor levará un premio de 600 euros e haberá un segundo premio de 300. As persoas participantes deben enviar os seus textos baixo plica ao Centro Cultural de Begonte.
Imprimir