"Literatura, para que?", faladoiro a tres bandas en Vigo
Fundación Carlos Casares, Vigo
20:00

Carmen Becerra, Xosé Carlos Caneiro e Darío Villanueva debaten sobre o sentido da literatura a partir do último libro de Villanueva: "Da palabra no tempo. Estudos e ensaios de literatura".
Da palabra no tempo. Estudos e ensaios de literatura é unha escolma de textos teóricos elaborados trala lectura de autores como James Joyce, Valle-Inclán, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Carlos Casares. O seu autor, Darío Villanueva acaba de ingresar na
Real Academia Española.
Imprimir