Axenda



II Premio de relatos Mulleres Progresistas

Asociación de Mulleres Progresistas, Vigo
14:00
  • DEC 31
Mulleres progresistas A Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo convoca a segunda edición do seu premio de relatos, ao que pode concorrer calquera muller cun máximo de dous relatos.
O tema é libre. As obras deben ser orixinais e inéditas, dunha extensión mínima de 15 páxinas e máxima de 30.

Os relatos presentaranse mecanografados a duplo espazo por unha soa cara en fonte 12, Arial ou Times New Roman. Débense enviar baixo plica e con seudónimo, anonimamente. Os datos a incluir dentro da plica son nome, apelidos, domicilio e teléfono. Deben remitise cinco copias impresas e mais en soporte informático, disquete ou disco compacto.

Concederanse tres premios: o primeiro está dotado con 500 euros, o segundo con 250 e o terceiro con 150. Os envíos deben remitirse ao seguinte enderezo: Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo, Rúa Policarpo Sanz, 12-14 - 2º. 36202 Vigo. Para máis información, chamar ao 986 43 48 74.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |