No encontro moderado por Alfonso García intervirán Ramiro Domínguez (director de Silex), Lluís Pagès (director de Pagès), Rosa Serrano (directora de Tándem) e Joxemari Sors (director xeral do Grupo Elkar). A presenza da Asociación Galega de Editores neste foro amplíase cos profesionais que asisten en calidade de congresistas.
O VI Congreso de Editores de España, que se desenvolve do 18 ao 21 de xuño en Sevilla, está organizado pola Federación de Gremios de Editores de España. Esta edición está dedicada monograficamente aos problemas de distribución e comercialización, con especial fincapé na incorporación das novas tecnoloxías e os circuítos dixitais. A programación completa pode consultarse na
web do evento.