A escritora falará da novela coa que obtivo en 2005 o Premio Xerais, "Herba Moura", coa que remata a actividade do club até a volta do verán. A narradora e ensaísta Teresa Moure participa hoxe na sesión do Club de Lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra. Falará cos integrantes do club sobre a novela Herba moura, pola que recibiu en 2005 o Premio Xerais e o da Crítica Española.
Con esta historia protagonizada por tres mulleres remata até despois do verán a actividade do club, iniciada o pasado novembro e que vai agora pola decena de lecturas, logo de títulos como A pensión Eva de Andrea Camilleri ou Así nacen as baleas de Anxos Sumai.