X Certame de Cómic de Cangas
Concello de Cangas (Pontevedra)

A convocatoria está dirixida a creadores de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2008.
Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso. A temática e a técnica son libres e poden presentarse tanto en cor coma en branco e negro, en formato DIN A-4.
Establécense tres categorías diferentes: a categoría A, de 18 a 35 anos, con tres premios, o primeiro de 400 euros, o segundo de 300 e o terceiro de 180; a categoría B, de 14 a 17 anos, tamén con tres premios, de 120, 100 e 70 euros; e o Premio Viñeta Xove, para menores de 14 anos, cunha única dotación de 100 euros. A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 para o Premio Viñeta Xove.
A presentación das obras pode facerse de xeito individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como desexen sempre na categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios. O prazo de admisión de traballos remata o 21 de xuño.
Os traballos deberán ser presentados polo sistema de plica, en sobre pechado co título ou lema e categoría na que participan no exterior. No seu interior, noutro sobre pechado, incluirase, o título ou lema da obra, a fotocopia do DNI, o enderezo e o teléfono de contacto. A dirección para enviar os orixinais é a seguinte:
Casa da Xuventude do Concello de Cangas
Rúa Real, 29
36940, Cangas (Pontevedra)
Máis información no teléfono: 986 39 21 71
Imprimir