
O espectáculo lírico "Na frente unha estrela", baseado en textos do escritor celanovés, terá lugar este serán na Coruña.
Este espectáculo estrutúrase arredor de poemas e cantigas líricas feitas a partir de diversos escritos de Curros, interpretadas pola mezzosoprano María José Ladra e o barítono e recitador Antón de Santiago.
Este evento forma parte do
programa de actividades da Consellaría de Cultura, en colaboración con cinco concellos, para conmemorar o declarado pola
RAG Ano do Centenario de Curros.