Axenda



Presentación de "Recordar doe"

Galería Sargadelos. Rúa Nova 16, Santiago de Compostela
20:00
  • XUÑ 19
Acompañarán a Herminio Barreiro, autor desta obra sobre a memoria dos anos de formación, a poeta Lupe Gómez e o editor Manuel Bragado.
Recordar doe sae na colección 'Crónica' de Xerais e leva como subtítulo "Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965)" e contén o recordos dos anos de infancia e mocidade do profesor Herminio Barreiro, compoñente do grupo Brais Pinto.
Canda o autor estarán na presentación a poeta, narradora e xornalista Lupe Gómez, que realizara un traballo deste tipo en Fisteus era un mundo (A Nosa Terra, 2001) e mais Manuel Bragado representando a editora.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |