María Solar presenta "O tempo do revés" e "Boa sorte"
Fundación Caixa Galicia, rúa do Vilar 19, Santiago
18:00

As dúas obras están editadas por Baía Edicións na colección Meiga Moura e ilustradas por Xosé Tomás.
Na presentación intervirán, ademais da autora e o ilustrador, Jorgue Mira, Santiago Pemán e Víctor Fábregas, que lles axudarán ás nenas e nenos a entender que a literatura é un bo vehículo para facilitar a divulgación científica.
O tempo ao revés, achega aos nenos a explicación e as consecuencias de que a terra sexa redonda, e Boa sorte indaga nas explicacións da mala sorte dun personaxe moi peculiar. Ambas as dúas inclúen toda unha serie de actividades complementarias elaboradas por Xosé Tomás e Arturo Iglesias.
Imprimir