
O autor, Manuel Losa Rocha, estará acompañado polo xornalista Manuel Suárez e Por Patricia Ferrol, filla do histórico fotógrafo galego Manuel Ferrol.
En
Relato dun emigrante. De Santiago de Compostela a Montevideo o autor relata a súa experiencia, que comezou na nenez, cando embarcou coa súa familia no buque Juan de Garay no porto da Coruña rumbo ao de Montevideo. Aquel instante quedou retratado precisamente nunha das fotografías máis coñecidas do fotógrafo da emigración por antonomasia, Manuel Ferrol. Foi a raíz dun encontro coa filla deste que Losa decidiu contar parte da súa historia. A este primeiro volume seguiuno
O vendedor de libros, tamén autobiográfico, pois a de
libreiro foi a profesión que desenvolveu ao longo da súa vida.