Manuel Losa Rocha presenta dous libros autobiográficos
FNAC, praza de Lugo s/n, A Coruña
19:30

"Relato dun emigrante" e "O vendedor de libros" falan da experiencia do propio autor na emigración.
En Relato dun emigrante. De Santiago de Compostela a Montevideo o autor relata a súa experiencia, que comezou na nenez, cando embarcou coa súa familia no buque Juan de Garay no porto da Coruña rumbo ao de Montevideo. Aquel instante quedou retratado nunha das fotografías máis coñecidas do fotógrafo da emigración por antonomasia, Manuel Ferrol. Foi a raíz dun encontro coa filla deste que Losa decidiu contar parte da súa historia. A este primeiro volume seguiuno O vendedor de libros, tamén autobiográfico, pois foi a profesión que desenvolveu ao longo da súa vida.
A presentación terá lugar no espazo Fórum da FNAC coruñesa.
Imprimir