Axenda



Presentación de "Os contos de animais na tradición oral palestina"

Fundación Araguaney, Santiago
20:00
  • XUÑ 17
Moncho Iglesias Míguez é o autor do libro, que conta cun limiar de Joám Evans Pim.
Os contos de animais da tradición oral palestina insírese na colección Estudos Árabes e Islámicos promovida pola Fundación Araguaney, en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) mailo Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz (IGESIP).

No mesmo acto, que terá lugar no Salón Rahid do Hotel Meliá Araguaney, presentaranse outros dous volumes pertencentes á mesma colección: Entre os outros e nós. Estudos literarios e culturais e Estudos árabes e islámicos. Perspectivas desde as ciencias sociais.

Intervirán Xosé Luis Barreiro Rivas, director do Centro de Docencia e Investigación da UIMP en Galicia, Joám Evans Pim, editor e coordinador da colección, Moncho Iglesias Míguez e Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |