Axenda



Agustín Fernández Paz conversa cos lectores carballeses

Pub Silfo, Carballo
21:00
  • XUÑ 18
Literactúa, o programa de difusión do libro e da lectura de Carballo, propón para o mes de xuño o libro "O único que queda é o amor", a última publicación do esctitor vilalbés.
Seguindo o seu prodecemento habitual, Literactúa propón unha lectura aos carballeses e carballesas, para posteriormente organizar un encontro co escritor ou escritora do libro. Para o mes de xuño escolleu O único que queda é o amor, de Agustín Fernandez Paz, que estará no pub Silfo para manter un faladoiro cos lectores que se animen a afondar na súa obra.

O único que queda é o amor é unha recompilación de relatos, ilustrados por Pablo Auladell. Traza as derivas vitais de diferentes personaxes a raíz das súas exeriencias amorosas. Como transfondo o autor fai unha serie de recomendacións literarias, imprescindíveis na aventura do amor, a través de sutís pinceladas.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |