Axenda



Actividade continua no stand de Kalandraka en Madrid

Parque do Retiro, Madrid
12:30
  • XUÑ 08
Rocío Martínez, Carmen Montalbán e Marc Taeger asinan exemplares das súas obras na Feira do Libro.
Kalandraka ocupa a caseta 148 na feira do libro madrileña, no parque do Retiro. Ás 12:30 horas da mañá visitará o stand a autora e ilustradora Rocío Martínez, que amosa os seus traballos A historia do Rainbow Warrior, Gato Guille e os monstros e O monstro de Ricardo.

Pola tarde, ás 18:00 horas estará a autora Carmen Montalbán con Estás na Lúa, e ás 19:30 horas o ilustrador Marc Taeger con Aquiles o puntiño e A verdadeira historia de Carapuchiña.

Ata o 15 de xuño, cando se clausura a feira, un bo número de autores e ilustradores asinarán exemplares das súas obras na caseta de Kalandraka.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |