Axenda



Camilo Nogueira presenta os seus dous últimos ensaios

Galería Sargadelos, Lugo
20:00
  • XUÑ 13
"Galiza na unión. A porta atlántica" e "Europa, o continente pensado" son os títulos das obras, que analizan o proceso de creción da Unión Europea a situación do país nela.
Galiza na unión analiza a significación que ten para o país o proxecto europeísta. Segundo Nogueira a sociedade galega respondeu dun xeito admirábel, dispoñendo dunha singular estrutura produtiva, con múltiples actividades económicas que encabezan as do Estado español.

Europa, o continente pensado fai un percorrido pola construción da Unión Europea, dende os primeiros tratados do carbón e o aceiro ata a actualidade. Nogueira aborda a creación da UE como unha institución orixinal que revoluciona o carácter dos Estados que integra e que se enfronta hoxe en día ao pleno recoñecemento da diversidade nacional.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |