Presentación de "Isaac Díaz Pardo e a Língua"
Biblioteca Ánxel Casal, Santiago de Compostela
20:00

O volume constitúe unha homenaxe da Associaçom Galega da Língua (
Agal), coa que inicia unha nova colección de testemuños.
O libro inclúe unha escolma de textos de Isaac Díaz Pardo sobre a situación e o futuro da lingua. Ademais, varios autores dedican senllos capítulos á figura do intelectual e empresario lucense homenaxeado. O primeiro deles, "Vida e obra de Isaac Díaz Pardo", corre a cargo de José María Casariego Guerreiro, porfesor do instituto San Paio de Tui. Continúa Isaac Alonso Estraviz, profesor da Universidade de Vigo, con "Isaac Díaz Pardo e a Memória Histórica".
José Paz Rodriguez, tamém da universidade viguesa, escribe “A Dignidade de Díaz Pardo”, un artigo de apenas tres páxinas no que fala da consecuencia do seu pensamento ao longo da súa vida. O presidente da Agal, Alexandre Banhos, contribúe co traballo “Isaac Díaz Pardo, um dos bons e generosos, devidamente acreditado”. Outro profesor universitario vigués, José-Martinho Montero Santalha, fai un estudo sobre a escolma de textos de Díaz Pardo que recolle o volume no capítulo “A nossa língua vista por Isaac Díaz Pardo”. O libro conclúe cunha entrevista ao homanaxeado, realizada por Sole Rei.
Imprimir