Axenda



"Ven coidar a nosa natureza con Claudia"

Área Central, Santiago de Compostela
19:00
  • XUÑ 07
  • XUÑ 14
  • XUÑ 21
Proxecto didáctico e de fomento da lectura para educar aos cativos no respecto ao medio natural, baseado no libro O sorriso de Claudia, do autor X. H. Rivadulla Corcón.
O proxecto didáctico "Ven coidar a nosa natureza con Claudia" abrangue unha programación diversa de teatro, contacontos e outras actividades de animación, baseada no libro O sorriso de Claudia de Rivadulla Corcón. Varios animadores profesionais interactuarán cos nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os doce anos para que, dun xeito divertido, poidan entender a través das diferentes historias representadas nas sesións a realidade do noso medio natural e a importancia de valoralo e preservalo.

Cada sábado a sesión estará centrada nun aspecto concreto do medio natural e a conservación da natureza. Así, o tema central da primeira xornada será a necesidade de inculcar hábitos para coidar o medio natural. O segundo sábado xirará arredor dos espazos protexidos e dos parques naturais. Na xornada de despedida falarase das especies animais protexidas. Ao finalizar cada unha delas, os cativos que participen recibirán de agasallo o libro no que se basean todas as actividades, editado por Sotelo Blanco.

O proxecto está organizado pola Fundación Sotelo Blanco, en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Área Central, co gallo do Día Mundial do Medioambiente, que se celebra cada 5 de xuño.

Calendario de accións previstas

• Sábado, 7 de xuño, ás 19.00 horas: Inauguración en Area Central da campaña “Ven coidar a nosa natureza con Claudia”: Sesión de contacontos do libro O sorriso de Claudia do autor X. H. Rivadulla Corcón e obradoiros sobre a conservación da natureza.

• Sábado, 14 de xuño, ás 19.00 horas: Sesión de contacontos do libro O sorriso de Claudia do autor X. H. Rivadulla Corcón e obradoiros sobre os espazos protexidos e parques naturais.

• Sábado, 21 de xuño, ás 19.00 horas: Sesión de contacontos do libro O sorriso de Claudia do autor X. H. Rivadulla Corcón e obradoiros sobre as especies animais protexidas.

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |