Axenda



Homenaxe a Xaquín Marín en Compostela

Auditorio de Galicia, Santiago
20:00
  • XUÑ 06
Con motivo da clausura da mostra "A historieta Galega 1973-2008" os seus organizadores rederanlle unha homenaxe ao humorista gráfico ferrolán.
A mostra A Historieta Galega 1973-2008 deixará o Auditorio de Galicia este domingo. Como peche da mostra o venres día 6 os organizadores da exposición renderanlle homenaxe ao humorista gráfico Xaquín Marín, en recoñecemento á súa traxectoria profesional. O acto de homenaxe consistirá na entrega dunha placa conmemorativa a Marín e nel participarán a concelleira de Cultura de Santiago, Socorro García Conde, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, o comisario da mostra, Fausto Isorna, e os debuxantes Miguel Anxo Prado, Pepe Carreiro e Kiko Da Silva.

Xaquín Marín é un histórico da banda deseñada galega. Xunto con Reimundo Patiño editou en 1975 2 Viaxes, considerado o primeiro álbum de cómic do país. Desde entón compaxinou a ilustración, a BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico.

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |