Axenda



"Moito conto" de Ana Carreira en Lugo

Biblioteca Municipal de Lugo
19:00
  • XUÑ 05
Sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura da biblioteca municipal lucense, que se desenvolve por segundo ano consecutivo. Cada dous xoves magos, teatreiros, titiriteiros e contacontos escenifican historias fantásticas para o público infantil.

Ana Carreira é contacontos, escritora, monitora de teatro e presidenta e actriz do grupo "Ubú Teatro". Especializada en adultos e, sobre todo, nenos, actuou en campañas de animación á lectura e a campaña "Creadores de Contos" da Consellería de Cultura. Ademais, actuou en feiras de ensino en Lugo e Ferrol, en feiras do libro por toda Galicia, centros de ensino, librerías, bibliotecas, centros comerciais, locais de hostalería e todo tipo de festas. Participou en programas de TeleLugo e TVG como "Luar", "Isto é noticia", "Contacontos". Publicou o libro O vixilante de soños en 2006.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |