Axenda



54 rúas Cantan a Curros


12:00
  • XUÑ 05
A Fundación Curros Enrríquez convida a concellos de toda Galicia a recitar simultaneamente a primeira composición do escritor celanovés, "Unha noite na eira do trigo", nas rúas que levan o seu nome.
Na iniciativa 54 rúas cantan a Curros participan de xeito especial os concellos ourensáns de Celanova, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, A Pobra de Trives, Verín e Xinzo da Limia. A elección da data coincide co día no que Curros Enríquez escribiu o seu primeiro poema, "Cantiga", popularizado como "Unha noite na eira do trigo".

Esta lectura conxunta realizarase en 23 rúas da Coruña, 12 de Lugo, 11 de Pontevedra e 8 de Ourense. É unha homenaxe que se suma as moitas outras que se están realizando este ano, centenario do pasamento do escritor.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |