Axenda



XXIV Feira do Libro de Ourense

Rúa do Paseo, Ourense
11:00-22:00
  • MAI 31
  • XUÑ 01
  • XUÑ 02
  • XUÑ 03
  • XUÑ 04
  • XUÑ 05
  • XUÑ 06
  • XUÑ 07
  • XUÑ 08
  • MAI 31
  • XUÑ 01
  • XUÑ 02
  • XUÑ 03
  • XUÑ 04
  • XUÑ 05
  • XUÑ 06
  • XUÑ 07
  • XUÑ 08
Presentacións de libros, sesións de contacontos, recitais, música, danza, maxia e obradoiros para nenos completan o programa deste mercado anual.
A Feira do Libro chega a Ourense logo do seu paso por Santiago, Lalín, Ferrol e Lugo e estará situada na rúa do Paseo. O evento, organizado pola Federación de Libreiros e a Consellaría de Cultura, pasará en 2008 por un total de 12 concellos.

O pregoeiro deste ano, Agustín Fernández Paz, asinará exemplares do seu último libro O único que nos queda é o amor. Ao longo da semana atenderán aos seus lectores, entre outros, Inma López Silva, Luis Prego, Pablo Núñez, Marta Rivera de la Cruz e Lois Pérez Leira.

Para os máis cativos, e para os que non o son tanto, realizarán contacontos María Lado, Marisa Irimia, Ana Carreira e o grupo Pavís-Pavós. A maxia poñeráa o Mago David e a danza a compañía Experimentadanza, que representará E outra vez.

O escritor Xosé Carlos Caneiro ofrecerá un recital narrativo musical acompañado polo guitarrista Xosé Manuel Salgado. O fin de festa correrá a cargo de Cándico Pazó, co seu Monólogo Cómico.

Imprimir

Documentos:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |