Axenda



Contacontos xaponés en Ourense

Rúa do Paseo, Ourense
18:00
  • XUÑ 02
Marisa Irimia escenifica "Kamishibai", un contacontos xaponés, e María Lado presenta "A fábula de Leonardo", ambas as dúas no programa da Feira do Libro.

O programa completo da primeira xornada da semana da Feira do Libro é o seguinte:

12.00 Presentación, na Confederación de Empresarios (CEO), da campaña de animación á lectura da Agrupación de Libreiros de Ourense.

12.15 María Lado presenta o seu contacontos A fábula de Leonardo, no patio da CEO.

18.00 Kamishibai. Contacontos xaponés realizado por Marisa Irimia.

19.00 O escritor José María Pérez Álvarez asinará exemplares dos seus libros La soledad de las vocales (III Premio Bruguera de novela) e Las estaciones de la muerte (Editorial Duen de Bux)

19.30 Presentación do libro Para cantar e bailar, de Luis Prego, publicado por Edicións do Cumio. O acto terá lugar no patio da Confederación de Empresarios de Ourense.

21.30 Sorteo dun lote de libros.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |