Artistas e escritores xúntanse para lembrar o novelista ourensán na imaxe e na palabra. O proxecto reunirá 47 artistas, escritores, pintores ou escultores, durante tres días no Concello de Brión. Poderase ver a exposición “A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973” de Eduardo Blanco Amor. Sobre Blanco Amor e a fotografía falará o poeta e editor Carlos Lema, en canto Manuel Guede se ocupará da relación do autor co teatro. Eva Veiga intervirá no apartado do programa denominado “Tempo de poesía”.
Ademais, os artistas participantes doarán unha obra das realizadas neses días, coas que se quere facer una exposición e un catálogo.
Programa do domingo 8 de xuño
9:00 h: almorzo
De contado, traslado en autocar para o terceiro e último día de Pintura do Natural ao Río Pego
13 h: entrega das obras na Casa da Cultura de Brión para ser expostas. A continuación, cada artista escollerá unha obra das que realizou durante as tres xornadas de Pintura Rápida, para ser doada ao Concello pasando a formar parte da pinacoteca do futuro Museo de Arte de Brión. O concello entregará a cada artista un xustificante da obra doada.
14 h: xantar de irmandade e despedida, coa entrega de diplomas de asistencia e co sorteo das obras de pequeno formato pintadas na xornada anterior.