Axenda



O III Encontro coa arte de Brión dedicado a Blanco Amor

Brión
10:00
  • XUÑ 07
Blanco Amor

Artistas e escritores xúntanse para lembrar o novelista ourensán na imaxe e na palabra.

O proxecto reunirá 47 artistas, escritores, pintores ou escultores, durante tres días no Concello de Brión. Poderase ver a exposición “A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973” de Eduardo Blanco Amor. Sobre Blanco Amor e a fotografía falará o poeta e editor Carlos Lema, en canto Manuel Guede se ocupará da relación do autor co teatro. Eva Veiga intervirá no apartado do programa denominado “Tempo de poesía”. Ademais, os artistas participantes doarán unha obra das realizadas neses días, coas que se quere facer una exposición e un catálogo.

Programa do sábado 7 de xuño
9:00 h: almorzo

10 h: Desprazamento en autocar a Parroquia de Luaña, para realizar as obras do segundo día de Pintura do natural.

4:30 h: xantar

17,00 - 19:00 h: tempo libre para pintar o cadro de intercambio. Entregarase aos artistas un lenzo de pequeno formato, que pintarán con temática libre. O artista que desexe realizar o cadro noutro tipo de soporte, pode facelo. Estas obras serán sorteadas entre os propios artistas participantes o día seguinte no xantar de irmandade e despedida.

19:00 h: Regreso en autocar a Casa da Cultura para a entrega das obras pintadas pola mañá. Exposición e faladoiro das obras realizadas quedando expostas ao público.

22:00 h: cea
Faladoiro: Manuel Guede Oliva “Blanco Amor e o Teatro.
Tempo de poesía: Eva Veiga, Carlos Pereira e Pablo Bouza.
Actuación musical


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |