Axenda



O III Encontro coa arte de Brión dedicado a Blanco Amor

Brión
12:00
  • XUÑ 06
Blanco Amor Artistas e escritores xúntanse para lembrar o novelista ourensán na imaxe e na palabra.

O proxecto reunirá 47 artistas, escritores, pintores ou escultores, durante tres días no Concello de Brión. Poderase ver a exposición “A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973” de Eduardo Blanco Amor. Sobre Blanco Amor e a fotografía falará o poeta e editor Carlos Lema, en canto Manuel Guede se ocupará da relación do autor co teatro. Eva Veiga intervirá no apartado do programa denominado “Tempo de poesía”.

Ademais, os artistas participantes doarán unha obra das realizadas neses días, coas que se quere facer una exposición e un catálogo.

Programa do venres 6 de xuño

12:00 - 13:00 h: Recepción dos participantes e entrega de acreditacións.

13:45 horas: No Centro Social, o alcalde de Brión recibe os artistas participantes e inagura a exposición de fotografias “ A ollada do desexo” Obra fotográfica 1933-1973 de Eduardo Blanco Amor

14:30 horas: xantar.

16:30 horas: primeiro día de Pintura do Natural na Carballeira de Santa Minia.

19:00 horas: entrega das obras na Casa da Cultura do Concello de Brión quedando expostas ao público.

20:30 horas: Inauguración no Hotel Balneario de Compostela da Exposición das obras doadas polos artistas participantes no Encontro.

22,00 horas: cea
Conferencia: Carlos Lema “Blanco Amor e a fotografía”
Actuación musical


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |