Axenda



Inauguración da mostra "Arte postal" na Bibliotea Ánxel Casal

Biblioteca Pública Ánxel Casal, Santiago
20:00
  • XUÑ 03
A exposición componse de 121 obras realizadas ao longo de dous meses por diversas persoas de 22 países baixo a coordinación do artista Manoel Bonabal.
Estas pezas son resultado dunha proposta do artista Manoel Bonabal, para a que convidou a diferentes persoas a despregar a súa creatividade empregando como soporte os distintos formatos de correo dixital ou postal, é dicir, o e-mail ou a carta.

Paralelamente, os días 10, 11 e 12 de xuño, o mesmo creador impartirá un obradoiro para indagar no potencial expresivo dos participantes como "mail artistas". Este taller desenvolverase nas instalacións da Biblioteca Ánxel Casal en horario de 18:30 a 20:30 e está dirixido a todo tipo de público. Esta actividade procura recuperar o afán de personalización do correo cotiá.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |