
Os gañadores das tres modalidades, novela, literatura xuvenil e infantil, danse a coñecer novamente durante unha festa na illa de San Simón
Os
xurados dos tres premios Xerais, que se coñeceron nos últimos días de maio, determinaron as obras finalistas na súa primeira reunión, o venres 30 de maio. O día seguinte coñecéronse os lemas dos finalistas no
blog que mantén a editora.
As obras gañadoras fanse públicas na xuntanza do sábado 7 de xuño. A festa de fallo dos premios terá lugar ese mesmo día e, como en edicións anteriores, na illa de San Simón.
As persoas premiadas collerán a testemuña dos gañadores da
edición de 2007, Rexina Vega, Carlos López e An Alfaya.