A homenaxe da Asociación de Escritores realízase na vila de Melide, onde naceu o autor. A homenaxe “O escritor na súa terra”, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, chega este ano á súa XIV edición e recoñece a traxectoria de Xosé Vázquez Pintor, poeta, narrador e autor de teatro que será homenaxeado na terra onde naceu, Melide.
No intento característico deste recoñecemento de darlle protagonismo á terra plantarase un buxo e a Biblioteca municipal recibirá o nome do autor. Ramón Caride será o escritor encargado de facer unha lembranza da obra de Vázquez Pintor, recente Premio Vicente Risco de creación literaria coa novela Para dicir abril.
Programa de actos
11,30 horas
Xardíns da Capela de San Roque
Plantación dun buxo (árbore simbólica do escritor) e descubrimento da Pedra Escultórica dedicada ao homenaxeado.
Interveñen: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e o escritor Xosé Vázquez Pintor.
12,30 horas
Biblioteca Pública Municipal
A Biblioteca Pública Municipal recibirá o nome de Xosé Vázquez Pintor.
Intervirán: Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, Socorro Cea, alcaldesa de Melide, e o homenaxeado, Xosé Vázquez Pintor
13,30 horas
Salón de plenos do concello de Melide
Acto de entrega da Letra E
Intervirán: Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
Lectura da laudatio, pronunciada polo escritor Ramón Caride Ogando.
Entrega dunha peza escultórica do artista Silverio Rivas a Xosé Vázquez Pintor.
Intervención do homenaxeado
14,30 horas
Xantar de confraternidade
Aberto aos/ás socios/as da AELG, vecindade de Melide e demais persoas interesadas, no Restaurante Sony (Estrada de Santiago, s/n)