Premia o mellor poemario cunha dotación económica de 15.000 euros e a súa publicación cunha tiraxe inicial de 2.000 exemplares.
Edicións Espiral Maior convoca en Galicia e Portugal o XVI Premio de Poesía Espiral Maior. Na actual convocatoria, o premio, patrocinado por Ámbito Cultural El Corte Inglés, pasa de 12.000 euros a 15.000, converténdose así no premio mellor dotado economicamente de Galicia. A obra premiada sairá á rúa na Colección Poesía de Edicións Espiral Maior, cunha tiraxe de 2.000 exemplares. Esta primeira edición estará exenta de dereitos de autor.
Poderán presentarse ao premio libros escritos en galego (segundo a normativa vixente) e en portugués, inéditos e cun mínimo de 600 versos. As obras presentadas non poderán participar simultaneamente noutros certames. O prazo de admisión das mesmas rematará o 20 de xuño de 2008. A deliberación do xurado, composto por poetas e críticos literarios de recoñecido prestixio, publicarase o 25 de xullo. O enderezo ao que se deben remitir os orixinais é o seguinte:
Edicións Espiral Maior
Rúa Xoán Carlos I, 22, 1ºB
15670 Culleredo (A Coruña)