Axenda



Presentación de "Decálogo que a lingua galega precisa"

Libraría Couceiro. Praza de Cervantes. Compostela
20:00
  • MAI 15
Pilar García Negro Pilar García Negro, autora da obra, estará acompañada por Bautista Álvarez e Lois Diéguez.
A sociolingüista e profesora da Universidade da Coruña ve o seu volume publicado pola Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Álvarez e mais o poeta Lois Diéguez intervirán no acto de presentación da obra.

Pilar García Negro achegarase á situación da lingua, tema que xa abordara a súa investigación en abondas publicacións entre as que salientan O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991) ou Direitos lingüísticos e control político (2000).

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |