Axenda



Acto das Letras na Fundación Rosalía de Castro

Casa-museo Rosalía de Castro. A Matanza, Padrón
13:00
  • MAI 15
Casa-museo Rosalía

Acuña Castroviejo e Xosé Luís Axeitos comporán unha achega a Álvarez Blázquez.

Por terceiro ano a Fundación Rosalía de Castro realiza un acto con motivo do Día das Letras na casa da Matanza. Desta vez contará coa presenza do profesor da Historia na USC Fernando Acuña Castroviejo que realizará unha presentación da obra de Xosé María Álvarez Blázquez así como dunha montaxe audiovisual que se poderá ver a seguir.

Escoitarase tamén a voz da poeta e narradora Helena Villar, presidenta da Fundación, que conducirá o acto, e do académico Xosé Luís Axeitos, e o acto contará coa asistencia de representantes do goberno galego.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |