Axenda



Presentación de "O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis"

Auditorio de Ribeira
19:00
  • MAI 16
O autor deste libro de teatro infantil é Cipriano Fernández e está editado por 3C3 Editores.
No acto intervirán Segundo Durán Chiki, director do grupo de teatro municipal de Ribeira e autor do limiar da obra, Luciano Fernández, concelleiro de Cultura de Ribeira, X. Amancio Liñares Giraut, director editorial de 3C3, e o propio autor.

Nesta presentación proxectarase un DVD cun fragmento da obra Salvada pola campá!, unha das pezas incluídas no libro, representada polo Grupo de Teatro Infantil do Colexio Galaxia de Ribeira.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |